
O Concello organizou ao longo destas semanas diversas diversas actividades formativas en todos os institutos e colexios públicos arredor das violencias sexuais, o consentimento e o porno, co obxectivo de reflexionar e fomentar unha análise e pensamento críticos. Tamén se instalaron puntos violetas.
Pasaron polos puntos violeta 1327 alumnos e alumnas, e participaron nos obradoiros realizados un total de 670. Só con intervención, sensibilización e concienciación desde as infancias e adolescencias poderemos rematar de forma contundente coa lacra da violencia contras as mulleres.