Wednesday 25 de December de 2024

A Laracha acollerá o mércores unha charla informativa para resolver dúbidas sobre a factura da luz


Pódese confirmar a asistencia no departamento municipal de Servizos Sociais.

O Concello e o Equipo Comarcal de Inclusión Social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ofrecerán a próxima semana na Laracha unha charla informativa sobre a factura da luz que vai dirixida a toda a cidadanía. Vaise celebrar o mércores (11 de decembro) de 10:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura.

Os contidos da sesión irán dirixidos principalmente a que os asistentes poidan aprender as claves para comprender os diferentes conceptos da factura eléctrica, polo que se lles solicita que acudan cunha das súas facturas para que os expertos que impartirán a charla poidan realizar as explicacións oportunas e resolver calquera dúbida ao respecto.
Tamén se abordarán temas de interese como o bono social eléctrico e outros descontos dos que poden beneficiarse os usuarios, ademais de ofrecer consellos para optimizar o consumo, aumentar a eficiencia nos fogares e detallar os diferentes tipos existentes de tarificación eléctrica coa fin de protexer os dereitos dos consumidores.

Pódese confirmar a asistencia no departamento municipal de Servizos Sociais chamando ao 981612811.