Máis de 250 alumnos encheron esta mañá ao Auditorio para asistir ao espectáculo literario-musical co que o Concello de Riveira conmemorou hoxe o Día de Rosalía de Castro.
Neste senso, os pequenos aprenderon moitas cousas novas sobre a poetisa da man de O Falcón Branco, con Brais Fernández á voz e Xabier Mugardos á guitarra.
Os artistas mostraron unha proposta consistente na presentación da biografía da literata combinando poesía, historia, música e ficción poética e remontándose á súa infancia no rural.
Os alumnos, de 5º e 6º de Primaria, procedía dos CEIP de Carreira, Frións, Artes e o Grupo e dos CPR Galaxia, Bayón, Milagrosa de Oleiros e Sagrado Corazón de Castiñeiras.
Cómpre lembrar que o Concello aprobou por unanimidade en sesión plenaria do 24 de xaneiro de 2014 declarar o día 24 de familia como Día de Rosalía de Castro.