Con motivo do nadal, o Concello ten iluminados unha árbore ou elemento significativo e visible en cada parroquia. A importancia que teñen todas as localidades, a dispersión poboacional e a variada morfoloxía das rúas, prazas, núcleos, urbanizacións e contornas, fai economicamente desmedido iluminar rúas ao completo.
Igual que en anos anteriores, o Concello tamén está a colaborar coas distintas entidades e empresarios que realizan iluminacións de distintos espazos e elementos públicos permitindo a conexión ao alumeado público e custeando a totalidade dos gastos eléctricos.