Wednesday 25 de December de 2024

A Xunta pon en valor o traballo das entidades sociais que traballan na inclusión e integración das persoas con discapacidade


Con motivo do día internacional das persoas con discapacidade presentouse a actividade de sensibilización nas escolas promovida pola Fundación ENKI

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na presentación das actividades que a Fundación ENKI realiza en diferentes escolas da Coruña para sensibilizar sobre a discapacidade. Unhas accións que a Xunta destaca como fundamentais na integración das persoas afectadas.

Esta mañá os alumnos do CEIP Curros Enríquez, un dos centros participantes, visionaron unha entrevista realizada por dúas nenas para profundar no día a días das persoas con discapacidade. Nesta liña, Begoña Abeijón destacou que ademais das actividades destinadas á fomentar un pensamento máis inclusivo, hai outras que buscan trasladar aos cativos novas perspectivas de comunicación ou movemento máis respectuoso.

Neste senso, a directora xeral de Persoas con Discapacidade sinalou que a colaboración entre as Administracións e as entidades sociais é fundamental para mellorar o día a día das persoas con discapacidade. Así, lembrou que a Xunta seguirá apoiando a estas organización para que sigan traballando na integración. En concreto, o Executivo galego aportou máis de 4.000 euros en achegas con cargo ao 7 % do IRPF para adquirir material adaptado no club deportivo da Fundación Enki.