Os alumnos de carpintería do obradoiro de emprego Tahume 2 estiveron a traballar esta semana na prolongación da pasarela aérea de San Roque que cruza a estrada provincial DP 73-01 entre o parque e a vía de acceso á Pedra da Ra e o Castro da Cidade.
Concretamente, o labor feito polos integrantes desta escola taller serve para aumentar en 60 metros lineais a lonxitude da pasarela (antes tiña 95) chegando ata o empedrado situado na entrada do periurbano. O novo tramo da infraestrura está formada por dous listóns paralelos de madeira de pino tratada entre os cales se vai botar zahorra dun xeito similar ao paseo do río Arlés.
Clausura
Esta vai ser unha das últimas actuacións realizadas polos 21 alumnos do obradoiro Tahume 2, posto que está previsto o seu acto de clausura o próximo luns 29 de febreiro.
A escola taller foi compartida polos municipios de Porto do Son e Riveira, que se beneficiaron das súas actuacións, como por exemplo (caso do noso concello) da construción dun novo tramo de pasarela na praia da Catía.