No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións de xardinería e carpintería nas inmediacións e no Pazo de Lóngora. Para a realización desta actividade formativa contratáronse 5 persoas para docencia e administración e 20 veciños e veciñas en situación de desemprego que recibirán unha remuneración mensual de 1.134 euros durante os 9 meses que durará o obradoiro, máis as correspondentes pagas extras.
O alumnado participante no obradoiro formarase nas especialidades de carpintería -10- e xardinería –outros 10-. Todas aquelas persoas que finalicen satisfactoriamente o obradoiro terán un contrato nunha empresa por un prazo mínimo de 3 meses.
Para a realización desta actividade formativa do Concello a Xunta aporta unha subvención de 411.928 euros, que se completa con 37.650,59 euros de fondos municipais.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.