A iniciativa, dirixida a negocios de alimentación, moda e complementos, servizos, coidado animal e comercio en xeral, presentarase mañá ás 14:00 horas no salón de plenos da Casa do concello.
O Concello de Miño, a través da Concellería de Deporte, Turismo, Promoción Económica e Mocidade, presentará mañá unha nova campaña destinada a impulsar o comercio local baixo o lema ‘Merca en Miño: non comercio local gañamos todos’. A iniciativa ten como obxectivo principal sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de realizar as súas compras nos establecementos do municipio, destacando o valor engadido que achega este tipo de comercio tanto en calidade como en atención personalizada.
A campaña está dirixida aos negocios de alimentación, moda e complementos, servizos, coidado animal e comercio en xeral, sectores crave na economía local. A través desta acción, o Concello busca reforzar a idea de que consumir nos establecementos de proximidade contribúe a dinamizar o municipio, reducindo desprazamentos e o seu impacto ambiental, ao mesmo tempo que fomenta a sustentabilidade económica e social.
No marco desta campaña preparáronse diversos materiais promocionais, como carteis e vinilos personalizados, xunto con bolsas reutilizables e outros recursos gráficos para visibilizar a participación dos negocios adheridos. Todo iso estará dispoñible para os comerciantes no acto de presentación da campaña, que se celebrará mañá, xoves 5 de decembro, ás 14:00 horas no salón de plenos do Concello.
O obxectivo final desta iniciativa é implicar a toda a comunidade no apoio ao comercio local como unha vía para garantir un municipio máis dinámico, sostible e atractivo para vivir e consumir.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.