Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e fomentar o seu consumo habitual. A praza da Rectoral, no casco histórico da vila, acollerá durante toda a xornada a degustación de distintos petiscos.
A iniciativa gastronómica, impulsada pola Consellería del Mar, permitirá que a veciñanza de Neda saboree de forma totalmente gratuíta distintas elaboracións realizadas utilizando produtos certificados do mar- serán os ingredientes centrais das receitas- e da terra.
Esta gastroteca móbil estará operativa de 12 a 15 horas e, pola tarde, de 17 a 20 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.