O Concello de Oleiros está a finalizar a instalación de diversas atraccións infantís na Praza Esther Pita, en Santa Cruz, destinadas ao lecer de todas as nenas e nenos do municipio. Estarán abertas a partir deste xoves 5 de decembro e pecharán o 12 de xaneiro.
Os horarios de apertura das atraccións en período lectivo serán de luns a xoves de 16:45 a 21:30h, venres de 16:00 a 22:45h e fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:45h. Durante o período de vacacións de nadal a pista abrirá de luns a domingo de forma ininterrompida de 11:00 a 22:45 horas. Durante os días 24 e 31 de decembro as atraccións permanecerán aberta de 11:00 a 18:15 horas e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro o seu horario de apertura será de 11:00 a 14:00 h e de 16:45 a 22:45h.
Paralelamente, o Concello organizará diversas actividade infantís de ocio de temática navideña tales como obradoiros de artes plásticas, grupos de animación, actuacións musicais,….
O acceso á pista de xeo durante media hora ten un custe de 6,00 euros e inclúe o aluguer de patíns. É obrigatorio levar luvas.
O Concello de Oleiros mantense en contacto cos colexios públicos de primaria para organizar diversas saídas onde os nenos e nenas poderán gozar desta atracción antes das vacacións de nadal. O Concello financiará esta actividade na súa totalidade e da que se beneficiará uns 1.500 nenos e nenas de Oleiros.
Ademais, na primeira semana do mes de decembro instalaranse
Asimesmo, o Concello de Oleiros colabora coas entidades sociais, culturais, comerciantes etc que dispoñen alumeado navideño nas súas respectivas zonas de influencia facéndose cargo dos gastos enerxéticos dos alumeados.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.