A charla informativa “La administración cerca de ti”, prevista inicialmente para a Casa das palmeiras, trasládase por motivos de loxística á Casa da Cultura. A xornada divulgativa, na que se informará dos principais trámites online da Administración Xeral do Estado, terá lugar este mércores, a partir das 11 horas.
Funcionarios da Subdelegación de Goberno na Coruña visitarán o municipio para dar a coñecer á veciñanza as xestións e trámites fundamentais que poden levar a cabo a través da administración electrónica. Falarán tamén, entre outras cuestións, do Punto de Acceso Xeral, da Carpeta Cidadá…
Ademais, as persoas que se acheguen poderán obter, sen necesidade de saír de Neda, o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, que permitirá aos usuarios e usuarias interactuar co conxunto das administracións públicas dende a casa, de forma sinxela e rápida. Quen estea interesado deberá levar o seu DNI, e terá que dispor de dirección de correo electrónico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.