Wednesday 04 de December de 2024

A Asociación de Amas de Casa de Neda abre este xoves as portas do seu “Rastrillo Solidario”


Como é tradición, co arranque do mes de decembro chega unha cita clásica á vila: o “Rastrillo solidario” da Asociación de Amas de Casa de Neda. A proposta abre as súas portas na Casa das palmeiras este mesmo xoves, anticipando a chegada do Nadal.

Un ano máis, esta cita ofrecerá á veciñanza a posibilidade de mercar as típicas flores de Pascua, ademais dunha morea de obxectos artesanais realizados polas propias socias. Os fondos recadados destinaranse integramente ás familias con escasos recursos da localidade.

O Concello de Neda colabora con este mercado efémero, que poderá visitarse o xoves 5, o venres 6, e o sábado 7 de decembro en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas). Serán tres días nos que, da man da veterana asociación, nedenses e visitantes poderán adiantar a compra dalgúns detalles de cara as festas de Nadal e, ao tempo, poñer un grao de area nunha boa causa.

Deja un comentario