Wednesday 04 de December de 2024

Medio cento de persoas asistiron ao concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música de Lousame


Medio cento de persoas asistiron ao concerto de Santa Celicia, patroa dos músicos, ofrecido pola Banda Municipal de Música de Lousame. Unha actuación que tivo lugar na noite do pasado venres 29 de novembro no auditorio da Casa da Cultura e á que asistiron os concelleiros do grupo de Goberno municipal, encabezados polo tenente de alcalde Esteban Ares e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo.

Os integrantes da Banda Municipal de Música de Lousame interpretaron un programa variado, no que primaron versións de temas de música actual, dende clásicos do jazz e do rock ata versións de grupos como Coldplay ou bandas sonoras como “Pokémon” ou “Como adestrar ao teu dragón”. Iso si, sen esquecer exemplos de pasodobres como “Pepa”, de José Oro Val, ou pezas de música lixeira como “Javier”, de Felisindo Pérez Seara.

O concerto estivo organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo, que contou coa colaboración do Concello de Lousame.

Deja un comentario