Monday 02 de December de 2024

O Concello de San Sadurniño e a AGFA do Eume ofrecen un curso de podas de inverno


Durante este venres e sábado está en marcha o curso de poda que ofrecemos en colaboración coa AGFA do Eume, impartido polo técnico e viveirista Ignacio Bellas. Hoxe tocou teoría na Casa da Xuventude e mañá estaremos na horta de conservación Carlos Fornos para ver distintas técnicas de formación, de fructificación e de renovación das árbores no inverno, momento no que se produce un parón biolóxico nas plantas.

A actividade, que é gratuíta para a veciñanza de San Sadurniño, encádrase no convenio anual asinado polo Concello de San Sadurniño e a AGFA do Eume para promover a fruticultura no municipio (e no resto da comarca), así como para o mantemento da plantación situada na Cortiña.

Deja un comentario