Monday 02 de December de 2024

O goberno municipal reforza o seu compromiso co sector social de Ribeira


No acto presidido polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e o segundo tenente de alcalde, Vicente Mariño, asináronse os convenios de colaboración con diversas entidades sociais do municipio, consolidando así o compromiso deste goberno co benestar da cidadanía. Grazas a un esforzo orzamentario notable, as axudas municipais acadan a un maior número de organizacións, permitindo que estas desenvolvan iniciativas fundamentais para o tecido social de Ribeira.

Nesta ocasión, destinaranse máis de 40.000 euros a 12 entidades locais, que desempeñan un labor esencial en áreas como o apoio a persoas maiores, a inclusión, a atención a colectivos vulnerables e a promoción cultural e educativa. As entidades beneficiarias son: Ambar, Amicos, A Creba, Faiben, Caritas, Cruz Vermella, Renacer, ICE Renovación, Asociación Española contra o Cancro, Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo, Liceo Marítimo e os clubs de xubilados.
O alcalde destacou que estas axudas son esenciais para que as entidades poidan continuar desenvolvendo actividades que beneficien directamente á poboación. “Desde este goberno entendemos que o fortalecemento do tecido social é clave para o desenvolvemento de Ribeira. Por iso, incrementamos os recursos destinados a este sector, logrando chegar a máis organizacións e, en consecuencia, a máis persoas que necesitan apoio”, declarou Pérez Barral.

Dende o Executivo municipal destacan que neste ano 2024, grazas ao traballo feito dende Economía e Facenda conseguiuse aumentar partida destinada a apoiar as entidades deportivas, sociais, culturais, educativas así como a eventos deportivos, culturais, festivos e económicos acadando a cifra de 850.400 euros.

Por último, o tenente de alcalde e concelleiro de Servicios Sociais, Vicente Mariño declarou, “como tódolos anos cumprimos, o ano pasado houbo un certo atraso por mor dos orzamentos, este ano estamos en data e seguimos cumprindo. Tentaremos mellorar as axudas nos vindeiros orzamentos porque sen a colaboración destas entidades sociais; Ribeira o notaría” para finalizar agradeceu dende o Goberno Municipal “a colaboración e o traballo diario que están desenvolvendo cada unha das organizacións que acaban de asinar o convenio”.

Deja un comentario