Hoxe pola mañá na Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas tivo lugar un pequeno acto de recepción ao gañador do “Concurso de Deseño do Cartel de Nadal 2024/2025” do Concello de Ribeira que foi para José Martínez Parada de 8 anos, alumno do Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.
Ao acto acudiron familiares e compañeiros de José Martínez, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, e o técnico de Promoción Cultural do Concello de Ribeira, Unai Gozález que sinalou “é un concurso que xa levamos facendo hai uns anos, porque; que mellor maneira de ilustrar toda a programación que vai a ver no Nadal sexa con algún neno ou nena de Ribeira” a continuación Rivadulla entregou a José Martínez un diploma e dous bonos por un valor de 150 euros para gastar no comercio local de Ribeira.
A conselleira agradeceu aos 500 alumnos e alumnas do Concello de Ribeira que participaron en este concurso e en especial neste día a José Martínez.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.