Monday 02 de December de 2024

O concello mellora a rede viaria entre a Riba e A Ferraría, na parroquía de Coiro


O investimento total supera os 38.000 euros.

No marco do plan de conservación da rede viaria de titularidade municipal, o Concello ten en fase de execución un proxecto que afecta á parroquia de Coiro.
As obras consisten na mellora da vía que comunica o núcleo da Riba co da Ferraría á altura da estrada provincial DP-1913.

Ademais da renovación da capa de rodadura con aglomerado asfáltico en quente, a intervención contempla o recheo das cunetas para aumentar a seguridade viaria e, nun dos extremos da vía, a ampliación da calzada no punto máis estreito do trazado e a canalización da rede de recollida de augas pluviais. As obras concluirán en próximas datas coa sinalización horizontal e vertical.

O proxecto presenta un orzamento superior aos 38.000 euros que investirá integramente o Concello con fondos propios municipais.

Deja un comentario