A Pobra do Caramiñal acenderá o seu Nadal cun acto no 30 de novembro. Unha das actividades programadas é o concerto de Gallaecia Small Band que, finalmente, o Concello opta por adiar debido á previsión de chuvia para as últimas horas da tarde. A nova data é o 24 de decembro, ás 12.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.
O resto de citas mantéñense: acendemento do alumeamento na praza Alcalde Segundo Durán, ás 18.30 horas, para despois ir inaugura-lo belén municipal e desfrutar da chocolatada na praza do Emigrante.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.