O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica mantivo unha reunión coa directiva da Asociación de centros de menores de Galicia
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, puxo en valor a experiencia das entidades sociais que traballan no ámbito da protección da infancia. Fíxoo na súa participación na asamblea da Asociación de centros de menores de Galicia (Agaceme), celebrada en Oleiros.
Nesta reunión abordáronse diferentes temas relativos á atención e á protección de nenos, nenas e adolescente, así como o traballo que se realiza nestas entidades nos procesos de autonomía e transición á vida adulta, facilitando a súa emancipación co obxectivo de que poidan acadar unha plena integración sociolaboral.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.