Hoxe finalizou o Obradoiro Dual de Emprego coa entrega de diplomas no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo tras a cal se emitiu un vídeo onde se recollen os traballos realizados polo alumnado.
Os 20 alumnos e alumnas das especialidades de carpintería e moble e actividades en viveiros, xardíns e centros de xardinería recibiron hoxe o seu diploma acreditativo da formación recibida no Obradoiro Dual de Emprego impartido no Concello de Oleiros. No acto estiveron presentes o Director territorial na Coruña da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, don Juan José Couce Prego; o Alcalde de Oleiros, don Ángel García Seoane; e a Concelleira de Formación e Emprego, dona Teresa Vázquez Maseda que fixeron entrega dos diplomas.
Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado pola Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, polo Ministerio de Traballo e Economía Social e o Concello de Oleiros.
Desde a área de emprego do Concello trabállase para favorecer a inserción laboral das persoas que participaron no obradoiro dual en empresas do sector. Neste sentido, o Concello de Oleiros subvencionará ás empresas con 1.500,00 euros por cada un dos alumnos/as formado neste obradoiro dual de emprego que contraten.
As empresas interesadas poden obter máis información no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo nos Regos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.