Friday 29 de November de 2024

Comeza a instalación do quinto contedor


O Consorcio das Mariñas, encargado da xestión supramunicipal dos residuos sólidos urbanos, instalará nos próximos días as primeiras 104 unidades de recollida separativa de residuos, que ata agora ían maioritariamente aos contedores inorgánicos. Trátase de colectores aptos para recibir bolsas, botellas que non son de vidro, envoltorios plásticos, latas e bricks.

É importante que papel e cartón continúen depositándose nos espazos destinados a eses materiais (de cor azul) e o vidro siga poñéndose nos iglús verdes dese produto, xa que ambos son os produtos que mellor poden ser reciclados en calquera sistema. Esta recollida separativa supón unha mellora na eficiencia do servizo e facilita ás empresas que realizan este necesario servizo público xestionar con máis facilidade este tipo de residuos.

Para a conservación duns espazos públicos agradables e saneados, resulta imprescindible a colaboración veciñal respecto ao cumprimento das normas do depósito de lixo. Entre outras é necesario que se depositen os residuos de forma correcta segundo cada material, que non se tire escombro e que os efectos que precisen retirar dos domicilios e non poidan levar ao Punto Limpo, sexan depositados os xoves ao lado dos contedores, con previo aviso ao teléfono 981 795 524. Tampouco poden introducirse nos colectores restos de podas ou segas.

Deja un comentario