Esta iniciativa de conciliación para as vacacións de inverno do luns 23 de decembro ao venres 3 de xaneiro
O prazo de inscrición remata o 2 de decembro e pode cursarse a solicitude na sede electrónica do Concello, preferiblemente
O Concello de Paderne segue investindo nos servizos públicos e gratuítos para a súa veciñanza. Faino organizando unha nova edición das Aulas de Conciliación e Campamentos de Nadal, unhas iniciativas que permitirán ás familias gozar dunha boa conciliación laboral tamén neste período de vacacións de inverno.
As Aulas de Conciliación e os Campamentos de Nadal son as dúas modalidades ofrecidas. Ambas as dúas contan cun horario de 8:00 a 15:00 horas, desde o luns 23 de decembro ata o venres 3 de xaneiro, a excepción dos días 24, 25, 31 e 1.
A elección dunha ou outra modalidade depende da idade do mozo, moza, neno ou nena. Deste xeito, os rapaces e rapazas de 4 a 8 anos gozarán das Aulas de Conciliación. Mentres os menores de 9 a 14 anos de idade entran dentro dos Campamentos. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% tamén poderán ser inscritas.
Ambas as dúas comparten como eixo vertebrador un programa de actividades que fomentan a igualdade entre compañeiros e compañeiras. As diferenzas entre unha e outra modalidade radican no tipo de actividades, axeitadas para cada grupo de idade.
Aulas e Campamento desenvolveranse nas instalacións da Casa Consistorial, aínda que durante o seu transcurso haberá unha saída sorpresa. Aínda que existe a opción de inscrición física na propia Casa Consistorial, os interesados no servizo poden inscribirse de xeito preferible na sede electrónica do Concello ata o luns 2 de decembro, presentando a documentación indicada.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.