Friday 29 de November de 2024

Carral organiza outra edición de ‘Papeques’ e ofrece 7 funcións de teatro, cine, contacontos e maxia para a rapazada


• O acceso aos espectáculos será de libre acceso ata completar aforo.

• Para o espectáculo do 19 de decembro ‘O que non sabías do Nadal’ será preciso reservar praza no 981 672 580

Carral ofrecerá, ao longo do mes de decembro, unha nova edición do seu programa de espectáculos infantís ‘Papeques’, dirixido aos nenos e nenas do municipio durante este Nadal.
A programación arrincará o vindeiro 5 de decembro, e prolongarase ata o 20 de decembro. Ao longo das vindeiras semanas, os pequenos e pequenas poderán gozar de funcións de teatro, contacontos, cine e maxia.
A primeira actividade terá lugar o xoves, 5 de decembro ás 18.00 horas, no edificio Toñito Espiñeira. A compañía Pérez&Fernández tráenos o ‘Rosa e Azul’, un contacontos dirixido ao público familiar que quere gozar das novas narrativas da literatura infantil.
O programa continuará o sábado, 7 de decembro ás 18:00 horas, no edificio Toñito Espiñeira con “CABICIVAI” de Pablísimo. O xoves 12 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar a proxección da película “La Navidad en sus manos” na Casa da Cultura.
A primeira función teatral terá lugar o venres 13 de decembro, ás 19:00 horas, no local Xente Nova de Tabeaio. A interpretación correrá a cargo da Asociación Teatral Paso de Valverde con “Os Contos Clásicos de Tía Carolina”. Un día despois, a agrupación Pedras de Cartón realizará a función ‘Contos de William Shakespeare’, o sábado 14 de decembro, ás 18.00 horas, no edificio Toñito Espiñeira.
O calendario continuará coa obra ‘O que non sabías do Nadal’, da compañía Trinketrinke Teatro, que terá lugar o xoves, 19 de decembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura. Para esta función será preciso reservar praza chamando ao 981 672 580.
Este ciclo pecharase coa ‘Gala de Maxia’ de Dani García. Será o venres, 20 de decembro ás 19:30 horas no local Xente Nova de Tabeaio.
Todas as actividades, agás a do 19 de decembro, serán de libre acceso ata completar aforo e desde o Concello prégase puntualidade para non interrumpir o desenvolvemente dos espectáculos.
‘Papeques’ conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural, e co apoio do Instituto para a Transición Justa e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) a través do programa Dinamiz-artj.

Deja un comentario