Friday 29 de November de 2024

O Concello adxudica as pavimentacións e mellora da accesibilidade en Praia da Ribeira e Luís Seoane


O Concello de Ribeira, no compromiso da mellora e mantemento das infraestruturas públicas nas parroquias, acaba de adxudicar dúas novas actuacións nas rúas Praia da Ribeira e Luís Seoane en Aguiño.
“O obxecto é garantir a accesibilidade das rúas Luís Seoane e Praia da Ribeira” segundo comentou o rexedor Luís Pérez, para o cal se renovarán os pavimentos e aplicando unha nova capa de aglomerado na calzada. Ademais aproveitarase para plantar algunhas árbores.
En canto a pavimentacións, alén destas obras, na parroquia de Aguiño xa temos actuado mellorando a pavimentación do porto e tamén se fará a Francisco Lorenzo Mariño; en canto a servizos básicos en breve licitarase a renovación do abastecemento de agua na rúa da Cerca e xa se fixo unha mellora da liña de abastecemento xeral valorada en 133.000€ que permitirá ter maior presión e evitar cortes na subministración. Por último o rexedor tamén informou de que se avanza na materialización do club de remo, unha actuación valorada en cerca de 1,2 millóns de euros.
Para a rúa Luís Seoane o prazo de duración é de cinco meses e para a rúa Praia da Ribeira de 4 meses. O orzamento total de licitación de Luís Seoane ascende a 103.000 euros e para Praia da Ribeira un total de 86.000 euros e a empresa encargada de realizar as actuacións será Tamara Fernández Pérez no marco do POS+ 2022.

Deja un comentario