· Coincidindo co mes da loita contra a violencia de xénero, o concello presenta un novo apartado web que alberga os materiais de cinco anos de percorrido desta liña de de traballo.
O Concello de Bergondo vén de facer público o novo espazo do programa Bergondo en Feminino, a liña de prevención e sensibilización fronte as violencias machistas que desenvolve desde 2019.
Este espazo, que pode ser consultado no enlace https://bergondo.gal/descubre-bergondo/bergondo-en-feminino/, contén información do programa, fotografías, unha liña do tempo onde coñecer o conxunto de accións que se desenvolveron, e alberga ademais todos os materiais xerados até o momento: as videoguías das quince mulleres homenaxeadas, os pasquíns dos roteiros, o mapa interactivo, ou a publicación Seis cafés. Etnografía dos coidados para tempos de pandemia, entre outros recursos.
Estes elementos están a disposición da cidadanía, fomentando o coñecemento autónomo da historia das mulleres deste territorio, e tamén dirixidos a entidades sociais, culturais ou educativas que os queiran empregar para reflexionar sobre as violencias machistas, a invisibilización das achegas femininas á sociedade, ou as achegas concretas destas mulleres por unha sociedade máis libre de estereotipos de xénero.
“Bergondo en feminino” acada así un novo chanzo na divulgación de materiais de sensibilización, tras recibir no 2023 o premio da Federación Española de Municipios y Provincias na categoría “Ruptura del silencio”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.