Friday 29 de November de 2024

O Pleno aprobou definitivamente o Orzamento Municipal 2025


Este xoves 28 de novembro celebrouse ás 20:00h na Casa Charry o pleno ordinario no que se aprobou definitivamente o Orzamento Municipal 2025 entre outros puntos da orde do día.

O inicio da sesión plenaria estivo marcado pola lectura do Manifesto 25N por catro representantes do alumnado de 6º de primaria do CEIP A Rabadeira, Alejandra Fernández, Hugo Galán, Blanca Veiga e Teresa Sevilla; acompañados polo seus mestres, Diego Barja e Ana Fernández. Entre os puntos do día destaca a aprobación definitiva do Orzamento Municipal para o ano 2025, documento indispensable para a correcta xestión dos múltiples servizos e obras dependentes do Concello de Oleiros.

Ademais do orzamento, o Pleno municipal aprobou o estudo detalle da Parcela A do SUD-5 en Icaria IV, a modificación da Ordenanza Fiscal nº5 reguladora da taxa polos servizos especiais de extinción de incendios, emerxencias… ademais de acordar á adhesión do Concello de Oleiros á Central de Contratación da FEGAMP coa fin de poder contratar os servizos postais e telegráficos contratados pola mesma e dar conta do informe financeiro definitivo á Oferta de Emprego Público para o 2024, entre outros puntos.

Deja un comentario