Thursday 28 de November de 2024

Abegondo aproba en pleno os estatutos da Asociación de Concellos afectados pola AP-9


• “Xa é hora de recuperar algo xusto tras a ultraxe que padecemos durante tantos anos”, expresou o alcalde

• Santiso lamentou que o BNG antepoña a política autonómica da súa formación aos intereses veciñais

O Concello de Abegondo aprobou hoxe no pleno ordinario a súa adhesión e a proposta de estatutos para a asociación que conformarán os concellos afectados polo paso da autoestrada AP-9. A iniciativa nace do acordo alcanzado entre os Concellos para facer unha fronte común e reclamar os seus dereitos.
O pleno deu luz verde ao texto de estatutos, nomeando como representante ao alcalde, José Antonio Santiso. A entidade denominarase Asociación de Concellos Galegos Afectados pola Autoestrada de Peaxe AP-9, e terá de abreviatura ACAP9.
O rexedor explicou que a asociación “axuntará as reivindicacións históricas dous municipios galegos polos que pasa a AP-9 sen deixar practicamente beneficio algún á veciñanza”. Santiso considera que “xa é moita hora de recuperar algo xusto tras padecer moitos anos de ultraxe”.
Entre os plans da nova asociación atópase lograr a actualización catastral da autoestrada, dado que o anterior data de 2007. Esta medida obrigaría a que a concesionaria teña os seus bens con valoración actual e abonar os impostos apropiadamente, como lle sucede aos particulares.
E outra cuestión que perseguirá a asociación será a aplicación de descontos para os residentes nos municipios. Estudaranse casos similares que levan a cabo na xeografía española.
Con todo, a votación do pleno non foi unánime. O concelleiro do BNG abstívose, indicando que a súa formación a nivel galego decidiu non participar. Santiso lamentou que os intereses políticos antepóñanse á defensa dos intereses públicos. “Non debería haber cores nunha #cuestión de ben común como esta”, afirma o primeiro edil.
Por tanto, a proposta quedou aprobada polos votos favorables dos grupos popular e socialista, cos votos en contra do edil nacionalista.

Deja un comentario