Thursday 28 de November de 2024

O Concello instalará Puntos Violetas nas festas de Santaia


Con motivo da celebración das festas de Santaia de Liáns na praza Esther Pita, o Concello instalará Puntos Violetas as noites de mañá venres e o sábado, a partir das 21:30 horas. O Goberno municipal pretende así contribuír á prevención e actuar contra as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que se poidan dar.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.

Deja un comentario