Thursday 28 de November de 2024

Marta Villar presenta o seu premiado “Detective Ferruchi” nas Torres


A novela que gañou este ano o Premio Xerais será presentada o próximo martes, día 3 de decembro ás 19:30h no Teatro das Torres, de Santa Cruz. A xornalista presentará a súa obra nun acto no que tamén participará o cantautor Paris Joel e o concelleiro de comunicación, Pablo Cibeira.

“Detective Ferruchi” de Marta Villar é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final e erixiuse vencedora do Premio Xerais de Novela 2024, que chegou a súa 61º edición.

Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela foi «Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023). No ano 2024 estreouse tamén no eido da literatura infantil con «Os peidos máxicos de Sultán» editada por Xerais.

Deja un comentario