O Concello de Brión organiza mañá venres 29 de novembro o seu tradicional magosto, que terá lugar a partir das 19:00 horas na finca das polbeiras de Santa Minia. A xornada comezará cunha foliada infantil e de adultos a partir das 19:00 horas e, a partir das 20:00 horas, repartiranse castañas, bebida e chocolate con churros de balde para toda a veciñanza. A maiores, haberá servizo de polbeira de pago para todas aquelas persoas que o desexen.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.