Un total de quince veciñas de Brión participaron nun obradoiro gratuíto de autodefensa feminista impartido por Cristy Tojo, campioa de Europa de parakarate, na noite do pasado martes. Unha sesión de autodefensa feminsta que, a diferenza da autodefensa feminina, non só traballa os aspectos físicos da defensa persoal, senón que vai moito máis alá e afonda nos condicionantes sociais e de xénero que aínda rexen maioritariamente as dinámicas sociais. Deste xeito, durante dúas horas as veciñas de Brión aprenderon non so técnicas físicas, senón tamén técnicas de defensa psicolóxica, emocional e verbal.
A programación especial do Concello de Brión con motivo da conmemoración do 25 de Novembro rematará o vindeiro sábado 14 de decembro, coa posta en escena da obra de teatro “Bravas”, protagonizada por Isabel Risco e dirixida por Fran Rei. Unha actuación que terá lugar no centro social polivalente, ás 20:00 horas. As entradas poden reservarse gratuitamente en billeteira.concellodebrion.gal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.