A Banda Municipal de Música de Lousame ofrecerá un concerto para celebrar a Santa Cecilia, patroa dos músicos, mañá venres 29 de novembro. A actuación terá lugar ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.
Os integrantes da banda interpretarán diversas pezas musicais: desde a “Obertura Alvamar” de James Barnes, pasando por un pasarrúas de José Oro Val, ata Coldplay ou o tema central da banda sonora do filme “Como adestrar ao teu dragón”. O evento está organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo e conta coa colaboración do Concello de Lousame.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.