Wednesday 27 de November de 2024

A pista de xeo da II República abre o venres 29 de novembro


Oleiros contará con dous núcleos de actividades de ocio relacionadas co nadal, situadas en Perillo e Santa Cruz. O venres 29 iniciará a súa actividade a Pista de Xeo natural situada na Polideportiva da Avda. II República en Perillo.

A pista de xeo abrirá o vindeiro venres 29 de novembro e manterá a súa actividade ata o 12 de xaneiro de 2025. Os horarios da pista en período lectivo serán de luns a xoves de 16:45 a 21:30h, venres de 16:00 a 22:45h e fins de semana e festivos de 11:00 a 22:45h. Durante o período de vacacións de nadal a pista abrirá de luns a domingo de forma ininterrompida de 11:00 a 22:45 horas.

Durante os días 24 e 31 de decembro a atracción permanecerá aberta de 11:00 a 18:15 horas e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro o seu horario de apertura será de 11:00 a 14:00 h e de 16:45 a 22:45h.

O acceso á pista de xeo durante media hora ten un custe de 6,00 euros e inclúe o aluguer de patíns. É obrigatorio levar luvas.

O Concello de Oleiros mantense en contacto cos colexios públicos de primaria para organizar diversas saídas onde os nenos e nenas poderán gozar desta atracción antes das vacacións de nadal. O Concello financiará esta actividade na súa totalidade e da que se beneficiará uns 1.500 nenos e nenas de Oleiros.

Ademais, na primeira semana do mes de decembro instalaranse na Praza Esther Pita, en Santa Cruz, outras atraccións de nadal a prezos populares para todas as crianzas. Ademais destes xogos, a Praza Esther Pita acollerá múltiples obradoiros de artes plásticas relacionados con esta época do ano, animación infantil e diversas actuacións musicais durante todo o mes de decembro.

Asimesmo, o Concello de Oleiros colabora coas entidades sociais, culturais, comerciantes etc que dispoñen alumeado navideño nas súas respectivas zonas de influencia facéndose cargo dos gastos enerxéticos dos alumeados.

Deja un comentario