O Concello de Paderne ofrece xunto coa Fundación Cibervoluntarios dúas formacións de balde para rapazada de 9 a 13 anos e de 14 a 17
O prazo de inscrición remata o 16 de decembro
O Concello de Paderne ofrece xunto coa Fundación Cibervoluntarios o Campamento Digit@l, unha iniciativa de formación gratuíta en competencias dixitais para a mocidade de 9 a 17 anos. Entre xaneiro e abril do 2025 ofreceranse dous grupos que, na Aula de Informática da Casa Consistorial, desenvolverán un curso con contidos e actividades adaptados a cada idade.
Por unha banda, os rapaces e rapazas de 9 a 13 anos poderán gozar dunha formación de 30 horas desde o 11 de xaneiro ao 1 de marzo, os sábados de 10:00 a 14:15 horas. Por outra banda, a mocidade de 14 a 17 anos terá á súa disposición a actividade, de 24 horas totais, do 8 de marzo ao 12 de abril, tamén os sábados de 10:00 a 14:15 horas.
Entre os contidos destacan o estudo de ferramentas dixitais, a creación de contrasinais para protexer datos, as pautas para verificar información e evitar crer ‘fakenews’, consellos para controlar o tempo fronte as pantallas, detección e prevención de situacións de ciberacoso ou competencias dixitais para a busca de emprego.
O prazo de inscrición remata o 16 de decembro e para anotarte haberá que chamar á Casa Consistorial.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.