Xa está aberto o prazo de inscrición para o segundo Taller de Radio que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Comunicación. Achegar aos nenos/as ao medio radiofónico mediante o xogo, a investigación e a creatividade sonora, son algúns dos obxectivos que se pretenden acadar con esta actividade na que poderán participar nenos/as de 9 a 12 anos. Os/as interesados en apuntarse, deben pasarse pola Biblioteca Municipal (ou chamar, en horario de tarde, ao teléfono 981 342 303) antes do vindeiro 1 de marzo. Actividade gratuita.
O taller estructurarase en catro sesións de hora e media de duración cada unha, os días 3,10, 17 e 31 de marzo, de 17.00 a 18.30 horas. No decurso da actividade, os/as participantes converteranse en productores, redactores e locutores dun programa de radio que, na derradeira sesión do obradoiro, se gravará nas instalacións da emisora municipal Radio Fene. De xeito lúdico e, fundamentalmente práctico, os nenos/as aprenderán cómo é o proceso de conseguir a noticia, facer entrevistas, redactar para o medio radiofónico e editar un programa do que, logo da súa grabación, recibirán unha copia. O obradoiro será impartido pola xornalista Almudena Marcos.
As prazas están limitadas a 12. A realización desta actividade estará suxeita a que se cubran, alomenos, a metade das prazas ofertadas.