Monday 02 de December de 2024

A Xunta destaca o potencial das empresas emerxentes e do comercio local no peche do congreso ‘Galicia Eemprende: innovación e futuro dixital nas pemes’


O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o congreso Galicia Emprende: innovación e futuro dixital nas pemes, unha cita que desde onte apostou pola formación, pola innovación e polo intercambio de experiencias para darlle un pulo ao emprendemento na nosa Comunidade. Fernández felicitou as empresas emerxentes gañadoras do concurso autonómico organizado co gallo do evento que se deron a coñecer xusto antes da súa intervención, polo seu papel dinamizador no eido do noso ecosistema emprendedor.
Así mesmo, o secretario xeral puxo en valor a estratexia de Galicia Rexión emprendedora europea 2025, con ferramentas como a Rede de polos de emprendemento que leva atendido uns 2.900 proxectos e que hoxe tamén estivo presente no congreso co seu labor ao servizo das persoas emprendedoras. Tamén participou nos relatorios o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abordando o impacto do comercio electrónico nos establecementos de proximidade en xeral e na artesanía en particular, como unha vía máis de modernización e de adaptacións ás novas necesidades da clientela.

Deja un comentario