Monday 02 de December de 2024

A Xunta enxalza o traballo da entidade social IGAXES na integración dos menores en situación de vulnerabilidade


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica asistiu á inauguración da nova sede da organización na Coruña

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu á inauguración da nova sede de Igaxes na Coruña. Un acto no que lle trasladou os parabéns do Executivo galego pola ampla traxectoria de traballo na integración dos menores en risco de exclusión social.

Jacobo Rey sinalou que a Xunta de Galicia traballa ao carón desta entidade social para garantir os dereitos dos máis novos en todos os eidos, desde a educación ata busca de saídas laborais. Ademais, esta organización desenvolve campañas para rachar cos estereotipos e o odio contra os mozos e mozas en situación de risco social.

Neste senso, o director xeral fixo fincapé no concerto social entre a Administración galega e Igaxes para o desenvolvemento do programa Mentor, que ofrece axuda e asesoramento profesional no proceso de tránsito á vida adulta de adolescentes que proceden do sistema de protección da Xunta. Así, o obxectivo é dotar a estes mozos e mozas das ferramentas e coñecementos necesarios para desenvolverse no eido laboral d persoal, reducindo o risco de exclusión social.

Deja un comentario