O vindeiro xoves día 28 a partir das 16:00 horas e durante 10 horas aproximadamente, producirase unha interrupción na subministración de auga potable debido ás obras de renovación da liña de abastecemento na DP-7305 que está a executar o concello co fin de mellorar a calidade do servizo prestado; eliminando a tubaxe existente de fibrocemento por unha tubaxe nova con máis diámetro que incrementará notablemente a presión de auga na zona de Aguiño.
Traballamos na mellora dos servizos para a veciñanza, desculpen as molestias causadas polo corte, informaremos polas redes sobre o tramo concreto do corte.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.