O “Mercado da Luz” de troco e compra-venda de artigos usados celebrará a súa edición deste mes de novembro o próximo sábado 30 de novembro no centro sociocultural Maruxa e Coralia. O cambio de localización tén que ver co peche temporal da Casa das Máquinas, mentres se executan uns traballos de insonorización no equipamento de Galeras.
Mercado da Luz
O “Mercado da Luz” é unha iniciativa da Concellaría de Mercados que ten como obxectivo apostar pola reutilización e pola economía circular, retos fixados na Axenda Urbana 2030; así como concienciar á veciñanza dun consumo máis responsable e, ao mesmo tempo, tecer comunidade. A actividade desenvolveráse os últimos sábados de cada mes, e poden participar persoas individuais, pero non empresas, que desexen vender ou intercambiar obxectos aos que xa non lles dean uso. Cada participante contará cun espazo delimitado, e desde a organización faráse un control dos obxectos á venda xa que non se permiten aqueles que estean en moi mal estado ou que fagan apoloxía do racismo ou incumpran a Lei de Memoria Histórica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.