Ademais, a Casa dos Xoguetes estará aberta entre o 2 de decembro e o 4 de xaneiro, de luns a sábado con aperturas especiais o 24 e 1 de decembro
A Coruña acollerá este Nadal a primeira edición da Feira Artesá do Nadal, do 20 de decembro ao 5 de xaneiro nos Xardíns de Méndez Núñez. O evento, organizado pola Asociación Galega de Artesáns en colaboración do Concello da Coruña, avanza no compromiso do Goberno de Inés Rey por levar o comercio local e a artesanía galega á cidade.
A inauguración oficial está prevista para o venres 20 de decembro ás 12.30 horas, cun percorrido pola feira co obxectivo de destacar o valor da artesanía galega como motor cultural e económico. Estará aberta en horario de 12.00 a 21.00 horas ininterrompidamente, dando a coñecer o traballo e obra dos catorce expositores que estarán na feira. A feira permitirá, adeamis, que as familias poidan descubrir un amplo abano de oficios tradicionais de acordo co patrimonio cultural de Galicia, como a cerámica, a xoiaría ou a fabricación de instrumentos musicais.
“O nadal destaca por ser unha época de compras e regalos e con iniciativa queremos achegar á cidadanía a oportunidade de investir en produtos artesanais e de calidade, con selo de país, facéndollo máis accesible ao público xeral” sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Entre os catorce expositores, dispoñibles xa na web da Asociación Galega de Artesáns, atópanse os coruñeses Chueco (coiro), Paz Nacas e Onda (xoiaría), Artesanos del Altillo (madeira) xunto con outros de diferentes localidades galegas.
Volve a Casa dos Xoguetes
A Casa dos Xoguetes, unha das localizacións habituais da programación de Nadal, estará aberta este ano dende o 2 de decembro ao 4 de xaneiro. En concreto, abrirá de luns a venres de 11.00 a 18.00 horas e os sábados e días especiais, 24 e 31 de decembro, de 11.00 a 14.00 horas, co obxectivo de dar servizo a toda a cidadanía coruñesa que queira facer achegas fomentando así a economía circular.
Recolleranse xoguetes de diferentes tamaños así como xogos de mesa, disfraces e contos a cambio de cupóns que posteriormente poderán ser utilizados para recoller o que máis lle guste dos expostos na tenda.
Cada obxecto entregado suporá a entrega, por parte do persoal a cargo do espazo, dunha cantidade diferente de cupóns coa seguinte distribución:
– Xoguete pequeno: un cupón.
– Xoguete mediano: dous cupóns.
– Contos: tres cupóns.
– Xogos de mesa e disfraces: sete cupóns.
– Xoguetes grandes: dez cupóns.
Posteriormente a persoa usuaria poderá intercambiar estes cupóns polos xoguetes que máis lle gusten dos expostos na tenda que se correspondan co valor dos seus cupóns. Ademais, poderá limitarse o número máximo de xoguetes e/ou de cupóns a 10 por persoa, en función da demanda.
Cómpre destacar que non se aceptarán xoguetes que non se atopen en perfectas condicións para poder gozar dunha segunda vida e deben ser entregados limpos e en bo estado e incluir a marca CE, símbolo que certifica o cumprimento da normativa europea de seguridade, para seren aceptados na tenda.
Medio cento de actividades lúdicas e obradoiros creativos
De xeito paralelo, a Casa dos Xoguetes ofrecerá medio cento de actividades lúdicas, talleres e obradoiros creativos os venres e sábados, en horario de 15.00 ás 18.00 horas e de 11.00 a 14.00 horas respectivamente cunha sesión especial o xoves 5 de decembro, tamén de 15.00 a 18.00 horas.
Todas as actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos, adaptando os grupos en función da demanda. Son de balde e a inscrición farase na propia casa 15 minutos antes de iniciar a actividade. Ademais, as persoas participantes nas actividades lúdicas, talleres e obradoiros creativos terán un cupón extra. O programa, por tipo de actividade, é o seguinte:
Actividades lúdicas
O xogo do agasallo
– 5 decembro ás 15.00 horas
– 3 xaneiro ás 15.00 horas
Bingo de Nadal
– 7 decembro ás 11.00 horas
– 13 decembro ás 15.00 horas
– 20 decembro ás 17.45 horas
– 27 decembro ás 15.00 horas
– 4 xaneiro ás 11.00 horas
Scape room: Salva o Nadal
– 13 decembro ás 15.00 horas
– 20 decembro ás 15.00 horas
– 21 decembro ás 11.00 horas
– 28 decembro ás 11.00 horas
Quebracabezas de Nadal
– 28 decembro ás 11.00 horas
Debuxo colaborativo
– 3 xaneiro ás 17.45 horas
O nariz de Rodolfo
– 13 decembro ás 17.45 horas
– 14 decembro ás 13.45 horas
– 21 decembro ás 13.45 horas
Contacontos
– 5 decembro ás 17.45 horas
– 7 decembro ás 13.45 horas
– 13 decembro ás 17.45 horas
– 27 decembro ás 17.45 horas
– 4 xaneiro ás 13.45 horas
Talleres por idades
Para nenos/as de 4-5 anos
– 5 decembro ás 15.15 horas: Postais de Nadal
– 13 decembro ás 15.15 horas: Portacores con refugallo
– 20 decembro ás 15.15 horas: Adornos de Nadal sostibles
– 27 decembro ás 15.15 horas: Portacores con refugallo
– 3 xaneiro ás 15.15 horas: Ra-papamoscas reciclada
Para nenos/as de 6-7-8 anos
– 5 decembro ás 16.05 horas: Postais de Nadal
– 13 decembro ás 16.05 horas: Portacores con refugallo
– 20 decembro ás 16.05 horas: Adornos de Nadal sostibles
– 27 decembro ás 16.05 horas: Portacores con refugallo
– 3 xaneiro ás 16.05 horas: Xardineira sostible
Para nenos/as de 9-10 anos
– 5 decembro ás 16.55 horas: Postais de Nadal
– 13 decembro ás 16.55 horas: Portacores con refugallo
– 20 decembro ás 16.55 horas: Adornos de Nadal sostibles
– 27 decembro ás 16.55 horas: Portacores con refugallo
– 3 xaneiro ás 16.55 horas: Xardineira sostible
Obradoiros
Postais de Nadal
– 5 decembro ás 15.15, 16.05 e 16.55 horas
– 21 decembro ás 11.15 e 12.55 horas
– 28 decembro ás 12.55 horas
Adornos de Nadal sostibles
– 7 decembro ás 12.05 horas
– 14 decembro ás 12.05 horas
– 20 decembro ás 16.05 horas
– 21 decembro ás 12.05 horas
– 28 decembro ás 12.05 horas
– 3 xaneiro ás 16.05 horas
Portatodo de tetrabrick
– 7 decembro ás 12.55 horas
– 21 decembro ás 12.55 horas
Den-den daiko con refugallo
– 13 decembro ás 15.15 horas
– 14 decembro ás 12.05 horas
– 27 decembro ás 15.15 horas
Cápsulas de neve
– 14 decembro ás 12.55 horas
– 4 xaneiro ás 12.55 horas
Árbores de Nadal con refugallo
– 21 decembro ás 12.05 horas
– 28 decembro ás 12.05 horas
Xardineira sostible
– 3 xaneiro ás 16.05 horas
– 4 xaneiro ás 11.15 horas
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.