Friday 22 de November de 2024

Portos de Galicia e concello dan pasos cara á apertura progresiva da nova lonxa


O alcalde Manuel Ruiz mantivo en Riveira unha reunión co director de Portos de Galicia, José Ignacio Villar, co fin coordinar entre ambas entidades a apertura progresiva da nova lonxa do porto da cidade.

Este encontro, no que tamén participaron o administrador da rula actual, José Manuel Orellán, e un representante da empresa Acciona, serviu para analizar unha serie de cuestións, como o traslado de determinados elementos dende a nave actual á futura instalación, os puntos de subasta nos que se comezaría a traballar ou a existencia de certas carencias (como a vixilancia ou a limpeza) sobre os que se van estudar os seus custes. A intención é ir abrindo por etapas os distintos servizos incluídos na lonxa unha vez pasada a festividade de Semana Santa.

Así mesmo, Portos de Galicia xa comunicou aos usuarios a posibilidade de facer efectiva a súa concesión e de comezar a traballar nos seus departamentos dentro da nova instalación.

Rotonda
Por outra parte, interesándose o alcalde en relación a se dende Portos de Galicia se vai a impulsar algunha medida con motivo dos sinistros automobilísticos rexistrados na nova rotonda de acceso, o director do ente autónomo informou efectivamente dun conxunto de accións: a redución do límite de velocidade nesta parte da vía, a instalación de sinalización lumínica e a colocación de pasos elevados semellantes aos xa existentes noutras zonas da cidade.