O Concello de Oleiros, xunto co conxunto das entidades veciñais e sociais, leva anos denunciando os importantes déficits existentes no servizo de atención médica que se presta na Casa do Mar de Mera aos veciños e veciñas das parroquias de Serantes, Maianca e Dexo (4.896 habitantes). Tal e como reclamamos en reiteradas ocasións, a última o pasado mes de xaneiro mediante un acordo do pleno da corporación municipal, é necesario ampliar e reformar o obsoleto consultorio, utilizando a infrautilizada planta superior do edificio para poder incorporar máis profesionais e ter uns espazos de atención dignos.
“Vou solicitar unha reunión co conselleiro de Sanidade para explicarlle unha vez máis cal é a situación, demandar a ampliación das instalacións e a dotación de novos servizos médicos. Non pode ser que, por exemplo, non haxa un pediatra permanente e que teña que andar atendendo por horas soltas”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.