O Concello de Oleiros acolle este sábado 30 de novembro, ás 20:30 horas, no auditorio Gabriel García Márquez; a obra de teatro Frío de A feroz, dirixida por Lorena Conde.
FRÍO é un espectáculo de teatro físico, máscaras e música en directo baseado liberrimamente na extraordinaria obra de Nikolái Gógol, O abrigo.
Quen sabe exactamente que é o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non alberga grandes temores nin demasiadas esperanzas. Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito con tinta esluída en liñas nidias e rectas, confía nos trazos seguros e firmes da rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Ata que un insignificante suceso doméstico introduce unha luz brillante no clarescuro: nace a necesidade e, como expresión máis elaborada desta, o desexo.
A duración do concerto é de 85 minutos e está dirixido a público maior de 12 anos.
O prezo da entrada é de 4,00 euros. Poderán ser adquiridas con anterioridade á celebración do espectáculo en www.giglon.com (desde o domingo 24 ao sábado 30 de novembro ás 19:00h) ou o mesmo día do espectáculo, unha hora antes, na billeteira do auditorio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.