Monday 25 de November de 2024

Alternativa reclama a humanización da avenida de Alvedro


A proposta será sometida a votación no pleno municipal

Alternativa dos Veciños presentará unha moción no pleno municipal para a reconstrucción das beirarrúas existentes na N-550 ao seu paso polo núcleo de Alvedro, acometendo tamén a humanización do seu entorno. Para abordar esta obra, Alternativa propón que se inclúa nos orzamentos municipais do 2025 ou, no seu defecto, que se financien con cargo aos fondos procedentes dos plans da Diputación da Coruña.

O lugar de Alvedro, situado na parroquia de Almeiras, conta con beirarrúas a ambas marxes da nacional 550 encontrándose nun importante estado de deterioro. Non só iso, se non que tal e como foi cometida a obra para realizar as citadas beirarrúas, as mesmas supoñen un evidente perigo para calquera viandante que transite por elas; xa non digamos para persoas con movilidade reducida, que literalmente non poden transitar polas mesmas e se ven obligados a dar a volta polo pobo para chegar a determinados lugares.

Esta mesma petición xa foi solicitada por Alternativa dos Veciños no ano 2019, quedando acordado que dita obra se acometería cos fondos Edusi o longo do ano 2020. A día de hoxe a obra segue pendente, polo que aproveitando que está a piques de comezar o 2025 e que se acaba de rematar a obra da Rúa Liñares, que enlaza precisamente ca Avda de Alvedro, sería o momento propicio de acometer esta obra.

Deja un comentario