Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados á primeira hora desta mañá dun accidente de tráfico acontecido na AG-11, á altura do punto quilométrico 11, no termo municipal de Rianxo.
A incidencia foi provocada pola colisión entre un turismo e un camión. As persoas implicadas no accidente resultaron feridas de levidade.
No operativo participaron tamén o 061, a Policía Local e a Garda Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.