Sunday 24 de November de 2024

Retirada dunha estrutura metálica no lugar de Áspera, na parroquia de Roo, concello de Outes


Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron alertados este mediodía de que unha estrutura metálica, que saíra voando ante os fortes ventos, estaba a ocupar parte dunha estrada municipal no lugar de Áspera, na parroquia de Roo, concello de Outes.

Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais, tras analizar a situación, procederon a cortar en anacos a estrutura e colocala nun lugar abrigado do vento. Tamén colocaron bloques de formigón enriba para maior seguridade.

No operativo participou tamén o GES de Noia.

Deja un comentario