O total da superficie correspóndese con 927 m² de zonas peonís e verdes, 630 m² de calzada e 93 m² destinados a un novo carril bici
O orzamento base de licitación para estas actuacións é de 237.730,04 euros, cun prazo máximo de execución de catro meses
O Concello pon en marcha un proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas, co obxectivo de garantir a accesibilidade e mellorar a mobilidade nos espazos públicos da cidade. As actuacións enmárcanse na política do Goberno de Inés Rey para avanzar na mellora da calidade urbana dos barrios, promovendo unha cidade máis accesible para os veciños e veciñas.
En total, dende o Concello renovaranse 1.557 m² de espazo público nos barrios das Xubias e Monte Alto. Distribuiranse da seguinte forma: 927 m² de zonas peonís e verdes, 630 m² de calzada e 93 m² destinados a un novo carril bici.
En concreto, nas Xubias de Arriba actuarase en cinco localizacións que inclúen o percorrido cara ao Hospital Marítimo de Oza, mellorando as condicións de accesibilidade no tramo, de 858 m² de superficie. En canto ao barrio de Monte Alto, na rúa Curros Enríquez realizarase unha reforma de 219 m² que inclúe a creación dunha rampla lateral de acceso ao edificio do Centro da Asociación de Veciños Atocha-Monte Alto, así como a elevación dun paso de peóns.
Tamén se levará a cabo a reurbanización da rúa Valencia, no tramo entre as rúas Faro e San Antonio, onde se instalará plataforma única eliminando desniveis entre calzada e beirarrúa para mellorar a mobilidade. O orzamento base de licitación para estas actuacións é de 237.730,04 euros, cun prazo máximo de execución de catro meses.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.