Saturday 23 de November de 2024

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do IES Brión, na Praza do Concello


O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade, Rosa Romero, dará lectura ao manifesto institucional e que contará cunha actuación especial por parte de Teatro das Maniotas, un grupo conformado por alumnado do IES de Brión.

O acto terá lugar este luns 25 de novembro, ás 12:00 horas, na praza do Concello de Brión. En caso de choiva, a actividade trasladaríase ao centro social polivalente. A maiores, o martes 26 de novembro, de 18:45 a 20:45 horas, terá lugar un “Obradoiro de autodefensa feminista”, dirixido a mulleres e persoas non binarias de Brión. Nel, Cristy Tojo, campioa de Europa de parakarate, aprenderalles técnicas físicas e mentais para afrontar situacións de violencia machista e que poden ser empregadas por mulleres de todas as idades.

Deja un comentario