O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con necesidade de conciliar durante as vacacións escolares. Nove xornadas, en horario de 8:00 a 15:00 horas, abertas a nenos e nenas nacidos entre os anos 2012 e 2021 (ambos incluídos) e empadroados en Brión.
O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 27 de novembro, tanto a través da sede electrónica municipal como no centro social polivalente, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prezo é de 25 euros por participantes, con posibilidade de bonificacións para aquelas familias que o soliciten e acrediten a necesidade de apoio económico.
Terán prioridade as familias que acrediten ter necesidade de conciliar por motivos laborais ou formativos, seguidas polas que estean ao coidado doutras persoas e por aquelas que estean nalgunha das circunstancias recollidas no Plan Corresponsables 2024, é dicir, familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, mulleres en situación de desemprego de longa duración ou maiores de 45 anos…
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.