Saturday 23 de November de 2024

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista de runas


A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de ficción convídase ao lector a aventurarse nas supersticións, as loitas relixiosas e a busca da iluminación en tempos convulsos. A historia está protagonizada por Gunnar Swansson, alcumado Rune, un monxe beneditino noruegués que anteriormente foi viquingo devoto de Odín. Nunha nova expedición a terras de Jakobsland verase embarcado nunha misión secreta que o obriga a enfrontar perigos e desafíos mentres busca cumpri-lo seu destino.

Un relato que mestura unha trama nacida da mente do autor con acontecementos e personaxes reais da última década do século X. O público puido coñecer máis durante o acto que tivo lugar na tarde deste venres 22, no auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí. Alí, Romero Rueda estivo acompañado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e o xornalista e escritor, Manuel Gago.

Na súa intervención, a edil gabou o traballo do autor porque “se ben a trama é produto da creatividade, esta debe estar correctamente asentada no período histórico elixido e responder de maneira fidedigna a determinados episodios do noso pasado.” Debe existir, polo tanto, coherencia entre os elementos suxeitos á inventiva e os que se rexen por parte da realidade que viviu a costa galega: as incursións viquingas. E, isto, “exixe un arduo proceso de documentación como se constata nestas páxinas”, indicou Lojo.

Referiuse, así mesmo, á transcendencia da forte presenza dos pobos escandinavos na cultura dos nosos días, orixinando lendas e romarías que, por exemplo, rememoran a resistencia da poboación galega ás expedicións procedentes do norte de Europa.

Deja un comentario